Foros de discusión Marinenses.com . "Opina sobre lo que ocurre en Marín, Tu también tienes voz".
Foros de DescubreMarin.com
 
 FAQFAQ   BuscarBuscar   MiembrosMiembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RegistrarseRegistrarse 
 PerfilPerfil   Entre para ver sus mensajes privadosEntre para ver sus mensajes privados   LoginLogin 

IMPORTANTE: Debido al Spam ( mensajes publicitarios basura ) todo el que quiera participar en los foros por favor que se registre, es gratuíto y anónimo.


IV Romaria Dia da Pátria

 
Publicar nuevo tema   Responder al tema    Foros de discusión -> Marín en General
Ver tema anterior :: Ver tema siguiente  
Autor Mensaje
A.C. Almuinha



Registrado: 19 Sep 2008
Mensajes: 72

MensajePublicado: Jue Jul 21, 2011 8:30 am    Asunto: IV Romaria Dia da Pátria Responder citando

O vindeiro sábado 23 de xullo, por cuarto ano consecutivo desde o seu nacemento, a A.C. Almuinha conxuntamente coa asociación a Revira de Pontevedra organizan unha serie de actividades para celebrar de xeito anticipado o Día da Patria Galega.

Como en anos anteriores as actividades que programamos para este día están baseadas no respecto á natureza e a recuperación de tradicións conxugándoas con novas formas de diversión e entretemento que de seguro serán do agrado de moitas persoas.

As actividades que comezarán a partir das 10 da mañá no porto de Aguete terán como primeiro protagonista o mar e as embarcacións tradicionais das que dispón o Grupo Cultural o Ronsel que un ano máis colabora desinteresadamente coa nosa asociación para ofrecer unha pequena viaxe pola ría a todas aquelas persoas interesadas. As viaxes faranse por quendas segundo o número de persoas e serán tanto de mañá como de tarde para garantir que ninguén fique sen gozar da oportunidade de navegar pola nosa ría.

Como en anos anteriores, a A.C. Almuinha organiza un interesante roteiro por parte da costa marinense que sairá desde o porto de Aguete e que chegará até a Illa do Santo, tamén coñecida como San Clemente, rodeando o monte Montecelo para chegar ao núcleo costeiro de Loira, coa súa fermosa praia e a desembocadura do río de igual nome. A seguir collerase o camiño que nos levará a través do monte da Cova até a praia do Santo, desde o cal, poderemos gozar dunhas magnificas vistas da ría cuns espectaculares cantís. Tamén poderemos comprobar in situ, os efectos causados no monte da Cova polo incendio intencionado do verán pasado.

Cubertos o mar e a terra na A.C. Almuinha tamén nos propuxemos conquistar este ano o ar, así, o mesmo sábado a partir das 10 da mañá, hai organizada unha saída en parapente polos Montes do Morrazo, lembramos que esta zona protexida está ameazada pola construción dun parque eólico e o proxecto de varios polígonos industriais. O despegue será dende Chan de Arquiña e máis concretamente desde Pedras Negras, aterrándose en Santa Cristina de Cobres. Esta actividade ten un custe de 40€ e conta coa colaboración do Clube de Parapente Morrazo, cuxos monitores antes de despegar explicarán brevemente como se pilota o parapente. E aínda que a saída será en parapentes biprazas e os e as participantes estarán acompañad@s dun monitor, se as condicións de voo o permiten estes poderán tomar os mandos do parapente.

A partir das 14h haberá un xantar na casa da cultura de Seixo, a base de churrasco, ensalada rusa, sobremesa e café ou menú vexetariano. Para participar no xantar que ten un custe de 10€ por persoa, ou no parapente, é necesario reservar praza con antelación enviando un correo a a.c.almuinha@gmail.com ou ben chamando ao teléfono 606595310, non sendo necesario para a saída en embarcacións tradicionais nin para participar no roteiro, actividades que son totalmente de balde.

A.C. Almuinha
Rua Rosalia de Castro 46 baixo
a.c.almuinha@gmail.com
http://acalmuinha.blogspot.com/
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
Mostrar mensajes de anteriores:   
Publicar nuevo tema   Responder al tema    Foros de discusión -> Marín en General Todas las horas son GMT
Página 1 de 1

 
Cambiar a:  
Puede publicar nuevos temas en este foro
No puede responder a temas en este foro
No puede editar sus mensajes en este foro
No puede borrar sus mensajes en este foro
No puede votar en encuestas en este foro


Cibervisión Networks no se hace responsable de los comentarios que aquí se muestran siendo únicos responsables los creadores de los mismos.