Foros de discusión Marinenses.com . "Opina sobre lo que ocurre en Marín, Tu también tienes voz".
Foros de DescubreMarin.com
 
 FAQFAQ   BuscarBuscar   MiembrosMiembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RegistrarseRegistrarse 
 PerfilPerfil   Entre para ver sus mensajes privadosEntre para ver sus mensajes privados   LoginLogin 

IMPORTANTE: Debido al Spam ( mensajes publicitarios basura ) todo el que quiera participar en los foros por favor que se registre, es gratuíto y anónimo.


XIMNASIO CEIP DE ARDAN

 
Publicar nuevo tema   Responder al tema    Foros de discusión -> Foro General Ardán
Ver tema anterior :: Ver tema siguiente  
Autor Mensaje
B.N.G
Invitado





MensajePublicado: Lun Sep 04, 2006 5:45 pm    Asunto: XIMNASIO CEIP DE ARDAN Responder citando

A Consellería de Educación da Xunta de Galiza ven de contestar unha pregunta formulada por o deputado do Bloque Nacionalista Galego, Bieito Lobeira, en relación coa realización de infraestructuras deportivas no colexio público de educación infantil e primaria de Ardán.

O contido da resposta é o que segue:

“A Consellería de Educación fixara como obxectivo dentro da súa programación a construción dun novo ximnasio para educación primaria no CEIP de Ardán en Marín.

A Consellería dirixiuse ao concello para solicitarlle información urbanística sobre a parcela na que se pensaba construír o ximnasio. Con data 6 de xullo de 2006 comunícasenos que a parcela ten a calificación de solo rústico de protección ordinaria o que imposibilita a execución do dito ximnasio, ata que a calificación do solo cambie ou se facilite novo solo con outra calificación. Neste último caso a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria iniciaría os trámites de redacción do proxecto e execución da obras”.

As parcelas as que fai referencia a Consellería de Educación foron mercadas polo concello nos anos 1991 e 1997 para ampliar o patio de recreo do colexio. Ate o ano 2002 non se puxeron a disposición da Xunta e ate o ano pasado non se solicitou a exución do ximnasio que a ANPA do colexio levaba reclamando durante todos eses anos.

Finalmente, o ano pasado, despois dun acordo plenario unánime, solicítouse da Delegación da Consellería de Educación (daquela do PP), a construción do ximnasio. As obras limitarónse a facer un patio de cemento e un muro de formigón, infrinxindo a lei, pois non se contou con proxecto de obra.

Despois de tantos anos demandando o ximnsio por parte da ANPA, o novo goberno da Xunta nos seus primeiros orzamentos, incluiu unha partida orzamentaria para realizar o proxecto do ximnasio de Ardán, tal como se lle contesta a Bieito Lobeira, pero atopámonos coa incompetencia do Sr. Concelleiro delegado de Deportes, Alfonso Blanco Epifanio, o cal pretende que a Consellería faga o ximnasio en chan rústico de protección, e iso que vai facer cursiños de urbanismo a Madrid a costa do concello. Isto non lle impedirá, facer gala do seu carácter “independiente” e culpar á Xunta de que Marín non teña as dotacións e servizos que lle corresponden, e culpar as distintas Consellerías da Xunta de Galiza, da súa incapacidade de xestión, e terá o valor de ir pedir cartos para ampliar a casa de cultura de Seixo (proxecto incluido nos orzamentos e tamén inviabel por atoparse en zona verde ) ou para construir unha nova biblioteca (proxecto inviabel por non ter Planeamento).

Esperemos que esta vez o Sr. Blanco Epifanio e o seu grupo MAR-IN, non pretenda enganar de novo aos veciños, neste caso os pais e nais dos nenos de Ardán, dicindo que a culpa de non ter un ximnasio non é del senón da Xunta. Atópamonos unha vez máis coa falta de capacidade que caracteriza aos dirixentes locais actuais (PSOE-MAR-IN), para levar a cabo calquer tipo de proxecto (en teoría hai un concelleiro de urbanismo, Sr. Vazquez Otero que debería saber a clasificación do solo), que non se solventa aínda que na Xunta haxa un Goberno disposto a colaborar, como é a situación actual.
Volver arriba
Mostrar mensajes de anteriores:   
Publicar nuevo tema   Responder al tema    Foros de discusión -> Foro General Ardán Todas las horas son GMT
Página 1 de 1

 
Cambiar a:  
Puede publicar nuevos temas en este foro
No puede responder a temas en este foro
No puede editar sus mensajes en este foro
No puede borrar sus mensajes en este foro
No puede votar en encuestas en este foro


Cibervisión Networks no se hace responsable de los comentarios que aquí se muestran siendo únicos responsables los creadores de los mismos.