Foros de discusión Marinenses.com . "Opina sobre lo que ocurre en Marín, Tu también tienes voz".
Foros de DescubreMarin.com
 
 FAQFAQ   BuscarBuscar   MiembrosMiembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RegistrarseRegistrarse 
 PerfilPerfil   Entre para ver sus mensajes privadosEntre para ver sus mensajes privados   LoginLogin 

IMPORTANTE: Debido al Spam ( mensajes publicitarios basura ) todo el que quiera participar en los foros por favor que se registre, es gratuíto y anónimo.


Avaliación ambiental estratéxica do PXOM

 
Publicar nuevo tema   Responder al tema    Foros de discusión -> Plan Urbanístico de Marín
Ver tema anterior :: Ver tema siguiente  
Autor Mensaje
Colectivo Nacionalista



Registrado: 31 Oct 2006
Mensajes: 144

MensajePublicado: Jue Oct 04, 2007 8:56 am    Asunto: Avaliación ambiental estratéxica do PXOM Responder citando

O documento de referencia para a Avaliación Ambiental Estratéxica do PXOM de Marín recolle as suxestión do Colectivo Nacionalista

O pasado 27 de setembro a Consellaría de Medio Ambiente fixo público o Documento de Referencia para a Avaliación Ambiental Estratéxica do PXOM de Marín, no que se recolle o procedimento que debe seguir o Concello de Marín para realizar o proxecto de Avaliación Ambiental do PXOM, así como as variábeis que considera a consellaría que son afectadas e sobre as que se debe actuar para un desenvolvimento sustentábel.

Este documento é público e pode ser consultado por todos os interesados na páxina web da Consellaría de Medio Ambiente, polo tanto os concelleiros da oposición non teñen que esperar a que o goberno municipal lles faga entrega dun documento que está ao alcance de todos.

No mes de xuño, desde o Colectivo Nacionalista e outras entidades do Morrazo, presentamos ante a Consellaría de Medio Ambiente as nosas aportacións para este proxecto de avaliación ambiental.

Incidimos en cuestións que agora veñen reflexadas no documento que se lle remite ao Concello, como son:

A necesidade dunha protección das concas fluviais, afectadas polo súa futura canalización e a invasión urbanística das zonas de policía sin ningún tipo de xustificación.
Unha adaptación do PXOM á realidade do crecimento demográfico de Marín, xa que no mesmo fanse unhas previsións desproporcionadas e irreais.
problema do abastecimento de auga así como o saneamento e tratamento das augas residuais, non previsto nin xustificado e que non ten en conta o crecimento desproporcionado da poboación que se pretende.
A protección da franxa costeira e a pretensión da urbanización irracional con fins puramente especulativos.
A adecuación e continuidade das zonas verdes, que no proxecto do PXOM aparecen recollidas de xeito disperso e concentradas en zonas forestais.
A necesidade de avaliar e mellorar a mobilidade e as comunicacións no propio concello e cos concellos limítrofes.
recoñecimento de áreas de interese ambiental e paisaxístico non suficientemente recollidas, ou incluso omitidas, que se ven afectadas por actuacións urbanísticas irresponsábeis.
A utilización de enerxías renovábeis e a reducción da demanda global enerxética, así como a potenciación da reutilización e reciclaxe de materiais.

O texto elaborado pola Consellaría de Medio Ambiente incide en actuacións para favorecer a integridade paisaxística e a súa preservación, na identificación dos espazos que estean baixo figuras de protección (como son os Montes do Morrazo, afectados por varios polígonos industriais), a conservación e rexeneración dos sistemas naturais do litoral recuperando os xa degradados.

Un punto importante no que se incide, e que nos xa solicitamos nas alegacións ao PXOM e nas aportacións a este documento, é en valorar as necesidades asistenciais, sociais, educativas e de ocio. Aspectos esquecidos totalmente no PXOM de Marín.

A participación cidadán é unha das premisas fundamentais nas que se debe basear o proceso de Avaliación Ambiental Estratéxica do PXOM, así o pon de manifesto a lexislación e se incide especialmente no documento remitido pola Consellaría. A tramitación do PXOM careceu en todo momento dunha participación real da cidadanía xa que non se fixo unha exposición prévia á sua aprobación inicial, a exposición pública fixose sen ningún tipo de explicación ou argumentación por parte dos grupos da corporación municipal sobre as repercusións e pretensións do PXOM. Furtouse un debate social sobre o futuro desenvolvimento de Marín, quedando a súa elaboración en máns duns partidos políticos que fixeron un proxecto de xeito oscurantista e case clandestino e en función de intereses especulativos.

Confiamos en que este proceso de Avaliación Ambiental non se convirta nun mero trámite e que se de a coñecer para que a poboación poida participar mediante as súas aportacións.

Desde o Colectivo Nacionalista seguimos reiterando a nosa oposición a un PXOM que non responde aos intereses do pobo e está redactado para satisfacer os intereses especulativos duns poucos, aos que serven os partidos políticos con representación no Concello de Marín. Non hai esquerdas nin dereitas, á hora de verdade tanto PSOE, como BNG, como PP, coinciden en transformar o noso territorio nunha extensión de chalets adosados e urbanizacións de segundas residencias.

Marín, 4 de outubro de 2007.


neste enlace podese ver o informe da consellaría:
http://aae.medioambiente.xunta.es/template_aea.jsp?page=proxecto_aea.jsp?id=198
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado Enviar email Visitar sitio web del autor
PEPE



Registrado: 22 Nov 2006
Mensajes: 634

MensajePublicado: Mar Dic 04, 2007 9:12 am    Asunto: Responder citando

Señores del colectivo nacionalista, vuelvo una vez mas a felicitarles por su labor de denuncia publica de un PXOM evidentemente de caracter especulativo. Efectivamente a la hora de luchar contra la especulacion no hay tendencias politicas que valgan. Lo importante a fin de cuentas, es defender la calidad de vida de los marinenses.

Las previsiones de crecimiento demografico y desarrollo urbanistico que se contemplan en dicho plan, son simple y llanamente una locura. Y tambien es cierto que algunos especuladores ya se estan frotando las manos si ese plan va hacia delante sin control, pues los proyectos para urbanizar a base de chalets adosados estan diseñados desde hace años.

Muchos buitres leonados esperan ansiosos la hora de poder carroñear.

Y mientras tanto, la amenaza de nuevas subidas del metro cuadrado de vivienda, el inflamiento de edificaciones y la subida de impuestos de caracter municipal, son sin duda amenazas que sobrevuelan el horizonte. Ojala esas amenazas no se conviertan en crudas realidades.

En resumen, señores del colectivo. Yo no soy nacionalista pero no se me caen los anillos por felicitarles una vez mas por su labor de denuncia y concienciacion social.

¡ANIMO!
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
Mostrar mensajes de anteriores:   
Publicar nuevo tema   Responder al tema    Foros de discusión -> Plan Urbanístico de Marín Todas las horas son GMT
Página 1 de 1

 
Cambiar a:  
Puede publicar nuevos temas en este foro
No puede responder a temas en este foro
No puede editar sus mensajes en este foro
No puede borrar sus mensajes en este foro
No puede votar en encuestas en este foro


Cibervisión Networks no se hace responsable de los comentarios que aquí se muestran siendo únicos responsables los creadores de los mismos.