Foros de discusión Marinenses.com . "Opina sobre lo que ocurre en Marín, Tu también tienes voz".
Foros de DescubreMarin.com
 
 FAQFAQ   BuscarBuscar   MiembrosMiembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RegistrarseRegistrarse 
 PerfilPerfil   Entre para ver sus mensajes privadosEntre para ver sus mensajes privados   LoginLogin 

IMPORTANTE: Debido al Spam ( mensajes publicitarios basura ) todo el que quiera participar en los foros por favor que se registre, es gratuíto y anónimo.


Antena de telefonia movil en Ardán

 
Publicar nuevo tema   Responder al tema    Foros de discusión -> Foro General Ardán
Ver tema anterior :: Ver tema siguiente  
Autor Mensaje
Gandalf



Registrado: 25 Oct 2006
Mensajes: 231

MensajePublicado: Mie Nov 15, 2006 11:25 am    Asunto: Antena de telefonia movil en Ardán Responder citando

Escrito presentado pola AAVV " O Tombo" de Ardán solicitando a paralización da instalacion dunha antena da empresa Orange

Que a empresa Amena, SA, agora con nome comercial Orange, solicitou permiso no Concello de Marin para a instalación de unha antena de telefonia móvil na parroquia de Ardán, concretamente na zona de "Lameiro".

Que este expediente non tivo resolución por parte do Concello de Marin, e ainda está en tramitación.

Que a obra iniciouse de xeito ilegal, ao non ter concedida a licencia nen autorización, por parte da empresa pero en lugar do sitio indicado na solicitude en "Amieiro, A Cerca". Sendo a empresa Taelpo a encargada da realización da mesma.

Que a pesar de non contar coa obrigada licéncia municipal, o Concello de Marin autorizou á empresa a cortar o vial que vai desde o cemiterio de Ardán á parroquia de Cela para que se poidera realizar a obra.

Que a solicitude do expediente é para unha obra menor, cando a instalación deste tipo de antenas de telefonia móvil ten que tramitarse como se fose unha obra maior. É por isto polo que a solicitude non cumpre cos requisitos legais, xa que non se fixo en forma. Ademáis, ao carecer Marin de Plano Xeral de Ordenamento Urbán e estar en vigor as Normas Subsidiarias non se pode conceder licencia para a instalación de ningunha antena nun área calificada urbanisticamente como "Zona Forestal".

Que a empresa incumpliu a lexislación vixente, concretamente o R.D. 1066/2001, Regulamento que estabelece as condicións de protección do dominio público radioelectrico, restrición de emisións radiolectricas e medidas de protección sanitaria fronte a emisións radioelectricas.

Esta normativa estabelece que son preceptivos informes sobre as emisións radioeléctricas, distancias á núcleos habitados e outras características, que debe ser incluidos na solicitude e remitidos ás administracións competentes na materia para o seu coñecimento e información, concretamente ao Ministerio de Industria e Consellaria de Medio Ambiente.

Que para a concesión de calquer licencia que afecte á actividade radioeléctrica é de obrigado cumprimento a Lei 9/2006, de 28 de abril, de Avaliación de efectos de determinados planos e programas no medio ambiente. É por isto que é de preceptiva informe de sostenibilidade ambiental do proxecto, asi como facer as consultas públicas dos interesados ou afectados.

Que é responsabilidade das distintas administracións velar por que se manteña a legalidade en materia urbanistica, que se eviten actuacións que afecten de xeito negativo ao medio ambiente e as que deben velar por que a instalación de calquer tipo de aparello emisor-receptor cumpra coas normas, cousa que non está sucedendo.

Tamén é responsabilidade das administracións públicas coidar da saude pública e evitar que as persoas poidan padecer os posíbeis efectos nocivos das antenas de telefonia móvil. É por iso que o principio de prevención recomendaria situar este tipo de antenas lonxe dos núcleos de povoación, pois o seu efecto térmico está admitido por todos os estudos científicos.

O Consello das Comunidades Europeas recomenda entre outros aspectos de precacución observar os límites de radiación menos permisivos e instalar as antenas base lonxe dos núcleos de poboación.

Por todo o anteriormente exposto SOLICITAMOS:

Que se paralice a tramitación do expediente de licéncia de instalación dunha antena de telefonia móvil na parróquia de Ardán solicitado pola empresa Amena, SA,

Que se sancione á empresa, ou empresas implicadas, pola realización da obra de instalación da antena por realizala sen a correspondente licencia municipal.

Que se lle obrigue á empresa á recuperación e reposición do monte ao seu estado orixinal.

Que o Concello de Marin informe e solicite das distintas administracións competentes en materia de emisións radioeléctricas a apertura dun expediente contra a empresa Amena, SA.
_________________
non che hai terra como ela
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
Mostrar mensajes de anteriores:   
Publicar nuevo tema   Responder al tema    Foros de discusión -> Foro General Ardán Todas las horas son GMT
Página 1 de 1

 
Cambiar a:  
Puede publicar nuevos temas en este foro
No puede responder a temas en este foro
No puede editar sus mensajes en este foro
No puede borrar sus mensajes en este foro
No puede votar en encuestas en este foro


Cibervisión Networks no se hace responsable de los comentarios que aquí se muestran siendo únicos responsables los creadores de los mismos.