Foros de discusión Marinenses.com . "Opina sobre lo que ocurre en Marín, Tu también tienes voz".
Foros de DescubreMarin.com
 
 FAQFAQ   BuscarBuscar   MiembrosMiembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RegistrarseRegistrarse 
 PerfilPerfil   Entre para ver sus mensajes privadosEntre para ver sus mensajes privados   LoginLogin 

IMPORTANTE: Debido al Spam ( mensajes publicitarios basura ) todo el que quiera participar en los foros por favor que se registre, es gratuíto y anónimo.


Charla: República de homes libres: na procura dos Lordomani

 
Publicar nuevo tema   Responder al tema    Foros de discusión -> Marín en General
Ver tema anterior :: Ver tema siguiente  
Autor Mensaje
A.C. Almuinha



Registrado: 19 Sep 2008
Mensajes: 72

MensajePublicado: Jue Nov 04, 2010 9:59 am    Asunto: Charla: República de homes libres: na procura dos Lordomani Responder citando

A presenza dos normandos na Galiza ten xenerado centos de páxinas. Feitos, lendas e suposicións mesturanse entre si non sendo doado peneirar entre as que son verdadeiras e as que son falsas. Mais o que si é certo é que a relación de contactos cos normandos é longa, dilatada no tempo e desde logo intensa en sangue e ferro. Os homes do norte tocaron Galiza en catro vagas, algunhas veces deberon ser expedicións curtas de pillaxe e abastecemento no camiño cara as ricas cidades mediterráneas, e outras veces a cousa foi moito máis seria. Houbo unha política ao redor dos viquingos, unha política complexa que se traduciu en movementos bélicos, en políticas de defensa e en movementos de poboación.
Para falar dos viquingos, dos que se opuxeron a eles, dos que colaboraron con eles e das trazas que deles puideron quedar na Galiza este venres 5 de novembro ás 20:30 impartirá unha conferencia no centro social Almuinha, rúa Ezequiel Massoni nº 63, o xornalista e profesor da USC, Manuel Gago.

Manuel Gago é licenciado en CC. da Información pola Universidade de Santiago de Compostela. Na actualidade, é director de culturagalega.org, o portal de divulgación cultural do Consello da Cultura Galega e profesor asociado na Facultade de CC. da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, formando aos novos xornalistas na especialidade de ciberxornalismo. Gago é autor de varios libros sobre xornalismo electrónico e arquitectura da información en Internet. Os últimos son Sistemas Digitales de Información (Pearson Prentice Hall, 2006) e Diseño Periodístico en Internet (UPV, 2007). É membro do Grupo de investigación en Novos Medios da USC, onde experimenta con prototipos de novos medios. O seu blogue persoal, Capítulo 0 (wwww.manuelgago.org/blog/) fundado en 2004, é o máis antigo en activo escrito en lingua galega.

A.C. Almuinha
Rua Ezequiel Massoni 63
a.c.almuinha@gmail.com
http://acalmuinha.blogspot.com/
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
Mostrar mensajes de anteriores:   
Publicar nuevo tema   Responder al tema    Foros de discusión -> Marín en General Todas las horas son GMT
Página 1 de 1

 
Cambiar a:  
Puede publicar nuevos temas en este foro
No puede responder a temas en este foro
No puede editar sus mensajes en este foro
No puede borrar sus mensajes en este foro
No puede votar en encuestas en este foro


Cibervisión Networks no se hace responsable de los comentarios que aquí se muestran siendo únicos responsables los creadores de los mismos.